RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

19.12.10

Xoga e aprende. Bliblioteca mestres Goldar.

No Ceip Mestres Goldar de Vigo naceu o Recanto de Mick, "un blog para dar a conocer a biblioteca e pouco a pouco foi medrando. Agora neste recuncho podes atopar moitas cousas, tanto no que se refire á biblioteca como a outros aspectos da vida do noso centro así como retallos de humor, curiosidades, xogos, recursos para o traballo docente... Espero que aquí sempre descubras algo do teu interese e que O recanto de Mik sexa un punto de encontro de pais/nais, mestres e alumnado (non só deste centro)."
XOGA E APRENDE - BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR

MIK preparou moitos xogos. ¡Escolle un e divírtete!

Leer más...

18.12.10

O Apalpador volve polo Nadal. Recursos Nadal

Leer más...

12.12.10

Panxoliñas con crebacabezas



Fai o crebacabezas mentres escoitas a panxoliña.
¡BO NADAL!
Máis crebacabezas con panxoliñas.
Fontes:
Música: Fuxan os ventos,Berrogüetto, Chouteira,...vía vieiros e youtube.
Imaxes: smashingmagazine vía vagabundia.
Máis grande en Econenos Tics

Leer más...

3.11.10

Outono. Magosto. Recursos educativos.

outono+magosto
Outono. Magosto. Recursos educativos.
Biblioteca mestres Goldar

" - O castiñeiro
- A castaña en Galicia
- Poemas, adiviñas, lendas e refráns do outono
- Galería de fotos sobre o outono
- Outras imaxes
- Láminas para colorear sobre o outono
- Outono Vedoque (E. I.)
-Actividades Clic (Primaria)
- O Magosto (Concello de Arteixo)
- A castaña que rebentou de risa (conto ) "
Fonte: bibliotics
Leer más...

25.10.10

O Samaín

O SAMAÍN
"A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. " ...Máis
Recursos Samain, móbiles, tallado cabazas.

Leer más...

26.6.10

A Casa das Abellas. Visita ecolóxica.

Casa das Abellas insecticidas non Sede: Meangos. 15318 - Abegondo.
Teléfono: 981 589 534 - 630 069 635
Fax: 981 589 534


A Casa das Abellas
mailto:Abellascasadasabellas@corevia.com

EN ESPAÑOL---->ECONENOS

Casa das Abellas Suso AsoreyO día 17 de Xuño os nenos/as de tres anos fixeron unha visita a Casa das Abellas. Viron as plantas melíferas, os panais, os enxames, as abellas entrando e saíndo das colmeas, os utensilios que utiliza o apicultor para evitar que o piquen cando manipula as colmeas. Suso Asorey amosoulles o fantástico mundo das abellas, achegounos á "Colmea acristalada" onde se pode ver o traballo das abellas directamente. Os nenos/ás regresaron moi contentos, cunha vela feitas por eles, co estómago cheo de pan con mel, cun tarro de mel e cunha retina chea de imaxes que nunca esquecerán, e das que terán que botar man se queren volver ver unha abella, ou buscar nas enciclopedias ou en internet para recordarse como eran, o perigo de extinción é eminente...
A Casa das Abellas, atópase en Meangos - Abegondo, é unha antiga casa de labradores restaurada, nesta casa museo fanse distintos traballos na busca dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, leva a cabo a divulgación e formación entre os distintas persoas que acoden a este lugar: grupos de escolares, apicultores, particulares,...dispone nas súas instalacions de varias salas de exposicións, unha sala de extracción e envasado do mel, e tamén dunha sala de conferencias.
Un dos obxectivos da Casa dás Abellas é a divulgación e a sensibilización do mundo das abellas, fundamentalmente entre escolares e outros grupos de visitantes.
O interior da casa museo, colmeas de cortizo,utensilios diversos... arquitectura doutros animais e talleres presentounos Isabel Sanjurjo, directora de "Abelleira", unha publicación sobre as abellas, apicultores, asociación galega de apicultura (AGA), cooperativa Erika Mel, enfermidades das abellas, dos pesticidas e herbicidas que están a rematar coas abellas e todos os insectos polinizadores, e iso significa que as colleitas e árbores froiteiras minguasen a súa produción, ata tal punto que a alimentacíón se verá seriamente prexudicada, e nós nin nos inmutamos."¡Mexan por nos e temos que decir que chove!". Castelao.
¡AS abellas son Patrimonio da Humanidade! ¡As sementes son Patrimonio da Humanidade!

CONSULTAR:

Abella raiña, abella obreira, zángano, apicultura, enxame, panal,


Ruta das abellas.


Queixoemel.


APITEN (Asociación de apicultores de Tenerife)


EN ESPAÑOL---->ECONENOS

Leer más...

18.6.10

Matemáticas interactivas, conceptos, tic infantil



Duplica, agranda, empequeñece, sumas, restas, moitos, poucos, diante, detrás, letras,....NOTA:
duplica" _____" para crear o igual"=" e a bara para as sumas e restas "__________", faina máis pequena para facer o signo menos " _ ". Tamaños: grande, mediano, pequeno, series....
Matemáticas interactivas, conceptos, tic infantil
Leer más...

Conceptos matemáticos interactivos. Actividades tic



Fai máis grandes as imaxes que están na parte inferior da entrada (clic sobre elas, para ver as explicacións). Estes son algúns dos conceptos matemáticos que podes traballar con esta actividade tic: series, secuencias, diante, detrás, moitos, poucos, enriba, debaixo.., o que ti queiras, duplica a imaxe, faina máis pequena, máis alta, ,más grande, xoga e diviértete,...fai sumas, restas...
En ECONENOS TICs a páxina é de maior tamaño e carga antes, por iso fago o enlace o blog de ECONENOS TICs.
Leer más...

Edilim e as tic. Sons, crebacabezas, secuencias, series, pizarras,...

Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra Estas actividades foron creadas para As Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra, pero poden ser útiles en aulas ou fogares en calquera data, o son dos animais é internacional, os misterios na noite e bosques tamén o son. Este libro agocha tras o seu "menú portada" un asombroso e fantástico mundo para os nenos e nenas. Aparecen novas actividades na que a interactividade é máis libre, eles elixen as imaxes para facer series, conxuntos, debuxos, poden borrar, xiran,...Os crebacabezas teñen sons, os murais pódenos arrastrar e completar engadindo novos elementos. Atrévete a entrar! >ADIANTE Nota: As imaxes duplícanse ou cudriplican (clic sobre as imaxes que están situadas na marxe inferior)
Leer más...

14.6.10

Carapuchiña Vermella. Duende Sico

Duende Sico Carapuchiña VermellaO xoves 20 de maio o Concello de Betanzos coa colaboración da Deputación da coruña organizou actividades de contacontos, nesta ocasión visitounos Duende Sico con "Carapuchiña vermella"
Leer más...

16.5.10

ACTIVIDADES ARDORA. AVES

Actividades Ardora aves
Rematei o curso de Ardora en Platega (Plataforma de Teleformación Galega).Con Ardora pódense crear máis de 45 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc, así como máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou flv, etc." O programa Ardora non necesita instalación, é multilingüe e gratuíto.
Mira en ECONENOS TICS o tamaño da páxina é máis axeitado.
Leer más...

13.5.10

ACTIVIDADES EDILIM LETRAS GALEGAS 2010. UXIO NOVONEYRA


Para velas en tamaño máis grande en econenos tics.
Leer más...

9.5.10

Babaluva con "Lume" de Mariza Basso (Brasil)

Compañia teatro Babaluva
















Os máis pequenos gozaron con "Lume"de Mariza Basso (Brasil), adaptación do conto de Alberto Varela F. A compañia de teatro Babaluva trata un tema mediambiental que preocupa coa chegada da calor, os bosques e os animais son sempre os máis prexudicados, pero coa colaboracón de todos os danos serán menores.
As titiriteiras: Larraitz e Mirari Urruzola (Euskadi/Galicia) déixannos un bo sabor de boca, cos obxectos máis cotiáns estimulan a nosa imaxinación, un primeiro paso para alimentar a creatividade. Podes vela obra unha e outra vez,... Compañia de teatro Babaluva.



O CONTO
Leer más...

deportes

Suscríbete vía email:

Entradas relacionadas

Blog Archive

Mi lista de blogs

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP