A Casa das Abellas. Visita ecolóxica.
Sede: Meangos. 15318 - Abegondo.
Teléfono: 981 589 534 - 630 069 635
Fax: 981 589 534
A Casa das Abellas
mailto:Abellascasadasabellas@corevia.com
EN ESPAÑOL---->ECONENOS
O día 17 de Xuño os nenos/as de tres anos fixeron unha visita a Casa das Abellas. Viron as plantas melíferas, os panais, os enxames, as abellas entrando e saíndo das colmeas, os utensilios que utiliza o apicultor para evitar que o piquen cando manipula as colmeas. Suso Asorey amosoulles o fantástico mundo das abellas, achegounos á "Colmea acristalada" onde se pode ver o traballo das abellas directamente. Os nenos/ás regresaron moi contentos, cunha vela feitas por eles, co estómago cheo de pan con mel, cun tarro de mel e cunha retina chea de imaxes que nunca esquecerán, e das que terán que botar man se queren volver ver unha abella, ou buscar nas enciclopedias ou en internet para recordarse como eran, o perigo de extinción é eminente...
A Casa das Abellas, atópase en Meangos - Abegondo, é unha antiga casa de labradores restaurada, nesta casa museo fanse distintos traballos na busca dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, leva a cabo a divulgación e formación entre os distintas persoas que acoden a este lugar: grupos de escolares, apicultores, particulares,...dispone nas súas instalacions de varias salas de exposicións, unha sala de extracción e envasado do mel, e tamén dunha sala de conferencias.
Un dos obxectivos da Casa dás Abellas é a divulgación e a sensibilización do mundo das abellas, fundamentalmente entre escolares e outros grupos de visitantes.
O interior da casa museo, colmeas de cortizo,utensilios diversos... arquitectura doutros animais e talleres presentounos Isabel Sanjurjo, directora de "Abelleira", unha publicación sobre as abellas, apicultores, asociación galega de apicultura (AGA), cooperativa Erika Mel, enfermidades das abellas, dos pesticidas e herbicidas que están a rematar coas abellas e todos os insectos polinizadores, e iso significa que as colleitas e árbores froiteiras minguasen a súa produción, ata tal punto que a alimentacíón se verá seriamente prexudicada, e nós nin nos inmutamos."¡Mexan por nos e temos que decir que chove!". Castelao.
¡AS abellas son Patrimonio da Humanidade! ¡As sementes son Patrimonio da Humanidade!

CONSULTAR:
Abella raiña, abella obreira, zángano, apicultura, enxame, panal,
APITEN (Asociación de apicultores de Tenerife)
EN ESPAÑOL---->ECONENOS
0 comentarios:
Publicar un comentario