RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

Mostrando entradas con la etiqueta insectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta insectos. Mostrar todas las entradas

26.6.10

A Casa das Abellas. Visita ecolóxica.

Casa das Abellas insecticidas non Sede: Meangos. 15318 - Abegondo.
Teléfono: 981 589 534 - 630 069 635
Fax: 981 589 534


A Casa das Abellas
mailto:Abellascasadasabellas@corevia.com

EN ESPAÑOL---->ECONENOS

Casa das Abellas Suso AsoreyO día 17 de Xuño os nenos/as de tres anos fixeron unha visita a Casa das Abellas. Viron as plantas melíferas, os panais, os enxames, as abellas entrando e saíndo das colmeas, os utensilios que utiliza o apicultor para evitar que o piquen cando manipula as colmeas. Suso Asorey amosoulles o fantástico mundo das abellas, achegounos á "Colmea acristalada" onde se pode ver o traballo das abellas directamente. Os nenos/ás regresaron moi contentos, cunha vela feitas por eles, co estómago cheo de pan con mel, cun tarro de mel e cunha retina chea de imaxes que nunca esquecerán, e das que terán que botar man se queren volver ver unha abella, ou buscar nas enciclopedias ou en internet para recordarse como eran, o perigo de extinción é eminente...
A Casa das Abellas, atópase en Meangos - Abegondo, é unha antiga casa de labradores restaurada, nesta casa museo fanse distintos traballos na busca dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, leva a cabo a divulgación e formación entre os distintas persoas que acoden a este lugar: grupos de escolares, apicultores, particulares,...dispone nas súas instalacions de varias salas de exposicións, unha sala de extracción e envasado do mel, e tamén dunha sala de conferencias.
Un dos obxectivos da Casa dás Abellas é a divulgación e a sensibilización do mundo das abellas, fundamentalmente entre escolares e outros grupos de visitantes.
O interior da casa museo, colmeas de cortizo,utensilios diversos... arquitectura doutros animais e talleres presentounos Isabel Sanjurjo, directora de "Abelleira", unha publicación sobre as abellas, apicultores, asociación galega de apicultura (AGA), cooperativa Erika Mel, enfermidades das abellas, dos pesticidas e herbicidas que están a rematar coas abellas e todos os insectos polinizadores, e iso significa que as colleitas e árbores froiteiras minguasen a súa produción, ata tal punto que a alimentacíón se verá seriamente prexudicada, e nós nin nos inmutamos."¡Mexan por nos e temos que decir que chove!". Castelao.
¡AS abellas son Patrimonio da Humanidade! ¡As sementes son Patrimonio da Humanidade!

CONSULTAR:

Abella raiña, abella obreira, zángano, apicultura, enxame, panal,


Ruta das abellas.


Queixoemel.


APITEN (Asociación de apicultores de Tenerife)


EN ESPAÑOL---->ECONENOS

Leer más...

deportes

Suscríbete vía email:

Entradas relacionadas

Mi lista de blogs

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP