RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

20.2.13

Entradas en galego en econenos

Clica na imaxe para ver algunhas das entradas en galego en econenos.
Última entrada engadida:
A A.C. Eira Vella convídate ao acto de homenaxe a Rosalía de Castro nos 150 anos de Cantares Gallegos,...

Leer más...

5.5.12

Letras Galegas 2012. Valentín Paz Andrade


VALENTÍN PAZ ANDRADENota:Clica no rectángulo superior para ampliar.
Máis información en econenos
Debuxo de Marina Muiño Iglesias 6ºC
(CEIP Francisco Vales Villamarín)
Leer más...

Tucho Calvo falará de Paz Andrade

CONFERENCIA DE TUCHO CALVO SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADEA ASOCIACIÓN CULTUAL EIRA VELLLA CONVÍDATE A PARTICIPAR NA CONFERENCIA DO XORNALISTA TUCHO CALVO SOBRE O ESCRITOR VALENTÍN PAZ ANDRADE.
O ACTO TERÁ LUGAR O MÉRCORES 9 DE MAIO AS 8:30 NO EDIFICIO ARQUIVO (SALA AZUL). Betanzos (A Coruña)
Fonte: econenos
Leer más...

3.4.12

I Xornada de formación e sensibilización sobre atención á diversidade


Dirixido a: Persoas interesadas, en xeral, e docentes, en particular
Prazas limitadas: As solicitudes atenderanse por orden de inscrición
Data límite inscrición: 11 de abril de 2012
Leer más...

17.12.11

Felices Festas

Bo Nadal e Feliz Ano.
Esta felicitación está na web do Vales Villanarín, fíxen outra para a biblioteca de infantil,...

FELICES FESTAS
Leer más...

27.11.11

Atopa os erros e as diferencias. Xogo

Leer más...

17.11.11

Outono

outono magosto Estou no curso"Flash para la enseñanza" na Aula Virtual do Ministerio de Educación (ITE), nesta primeira animación engadín o tema musical "Non chas quero non chas quero".Máis recursos.

Recursos outono:
Video frutas e frutos do otono
Xogo árbores de folla caduca  ou perenne.
Xogo frutos e frutas  do otono.

Leer más...

10.6.11

Fiandola e Eira vella co A Xanela nº31

Fiandola na Xanela 31
O domingo día 12 de xuño na aula de cultura do edificio arquivo ás 20:30 horas a Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos convídavos a presentación dun novo número de A Xanela. Na parte musical o grupo Fiandola tocará pezas do seu último traballo ¡Mimá!.
Podedes escoitalos no traballo que presentamos para o concurso "Choven Letras".
A mención que fixen o convite do día 12 e 13 de de Maio foise co vento de Blogger, agardo que a esta non lle aconteza o mesmo, estiveron Manuel Rivas, Miguel Mato, Xulio Valcarcel,...
Leer más...

9.3.11

Anátidas, galináceas, vídeos, sons. Lim Xogamos


Neste Libro Lim hai un vídeo para cada unha das aves, sons..., é unha das actividades do Curso online Lim Xogamos que estou a facer en Platega (plataforma de teleformación galega (platega 2.0))
Leer más...

26.2.11

Lois Pereiro. Letras Galegas 2011. Libro Lim


O 17 de Maío do 2011, Día das Letras Galegas, estará adicado a Lois Pereiro, con esta homenaxe recoñecemos a labor de Lois e a de todos os seus compañeiros e compañeiras. Falaremos da "Xeración Lois", do motor que tira da nosa lingua, todos eles compartían inquedanzas e proxectos que mantiñan e manteñen vivas as nosas señas de identidade., e Lois era a internet que os tiña o tanto das novas tendencias.
No libro Lim "Lois Pereiro" atoparedes algúns datos da súa vida, o documental Monforte de jrcasan, , a fermosa canción "O Incio" de Chema Puron, interpretada por Lucía Pérez, o poema "Narcismo" polo grupo Radio Océano, o recital poético do Pub Moka (1996), a presentacón da fotobiografía sonora editada por Ouvirmos no Borrazás cas actuacións de Manu Clavijo, Ondas Martenot, Xurso Souto, Lino Braxe, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro,...
Grazas a Pilar Vázquez da Asociación Cultural Eira Vella Betanzos polas imaxes de Monforte.
Leer más...

Recursos entroido. Máscaras, antifaces, difraces

máscaras de carnaval Entroido, disfraces, máscaras e antifaces para todos.
Na Picasaweb tedes moitas máscaras e antifaces e outros complementos para engadir os vosos difraces, e máis máscaras. Fichas de actividades .


EN GALEGO
Páxina web dedicada ao Entroido tradicional galego da Coordinadora Galega de ENDL, elaborados na súa maior parte por docentes, equipos de normalización, bibliotecas e outros grupos de traballo escolares.
Recursos didácticos
Unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios,...
Manualidades
Plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, ... e literatura relacionada con esta celebración.
Leer más...

23.2.11

Asociación Cultural Eira Vella. Convídate ao acto do Día de Rosalía

Asociación Cultural Eira Vella Betanzos

"A.A.C. Eira Vella(Betanzos) convídate ao acto do Día de Rosalía que celebraremos o xoves 24 ás 20 horas na sala Azul do edificio Arquivo en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Día de Rosalía

Podes participar, se o desexas, recitando algún texto de Rosalía"
Xa podedes consultar on-line o último número da revista A Xanela, REVISTA CULTURAL DAS MARIÑAS, que xa vai polo número 30!!
Leer más...

2.2.11

Convite 2 febreiro. Lois Pereiro. Borrazás

Convite no Borrazás 2 Febreiro Festa Lois Pereiro Hoxe, día 2 de Febreiro, ás 20.30 horas convite a presentación de Lois Pereiro, poeta das Letras Galegas 2011.
Na palabra:
Xurxo Souto, Lino Braxe, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro
Na música:
Manu clavijo
Ondas Martenot
O lugar: O mítico BORRAZÁS,
Orzán 165 (A CORUÑA)
Agradécese "look" estética dos anos 80
Fonte: islakokotero, econenos
NOVO:
LIBRO LIM "LOIS PEREIRO"

Leer más...

19.12.10

Xoga e aprende. Bliblioteca mestres Goldar.

No Ceip Mestres Goldar de Vigo naceu o Recanto de Mick, "un blog para dar a conocer a biblioteca e pouco a pouco foi medrando. Agora neste recuncho podes atopar moitas cousas, tanto no que se refire á biblioteca como a outros aspectos da vida do noso centro así como retallos de humor, curiosidades, xogos, recursos para o traballo docente... Espero que aquí sempre descubras algo do teu interese e que O recanto de Mik sexa un punto de encontro de pais/nais, mestres e alumnado (non só deste centro)."
XOGA E APRENDE - BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR

MIK preparou moitos xogos. ¡Escolle un e divírtete!

Leer más...

18.12.10

O Apalpador volve polo Nadal. Recursos Nadal

Leer más...

12.12.10

Panxoliñas con crebacabezas



Fai o crebacabezas mentres escoitas a panxoliña.
¡BO NADAL!
Máis crebacabezas con panxoliñas.
Fontes:
Música: Fuxan os ventos,Berrogüetto, Chouteira,...vía vieiros e youtube.
Imaxes: smashingmagazine vía vagabundia.
Máis grande en Econenos Tics

Leer más...

3.11.10

Outono. Magosto. Recursos educativos.

outono+magosto
Outono. Magosto. Recursos educativos.
Biblioteca mestres Goldar

" - O castiñeiro
- A castaña en Galicia
- Poemas, adiviñas, lendas e refráns do outono
- Galería de fotos sobre o outono
- Outras imaxes
- Láminas para colorear sobre o outono
- Outono Vedoque (E. I.)
-Actividades Clic (Primaria)
- O Magosto (Concello de Arteixo)
- A castaña que rebentou de risa (conto ) "
Fonte: bibliotics
Leer más...

25.10.10

O Samaín

O SAMAÍN
"A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. " ...Máis
Recursos Samain, móbiles, tallado cabazas.

Leer más...

26.6.10

A Casa das Abellas. Visita ecolóxica.

Casa das Abellas insecticidas non Sede: Meangos. 15318 - Abegondo.
Teléfono: 981 589 534 - 630 069 635
Fax: 981 589 534


A Casa das Abellas
mailto:Abellascasadasabellas@corevia.com

EN ESPAÑOL---->ECONENOS

Casa das Abellas Suso AsoreyO día 17 de Xuño os nenos/as de tres anos fixeron unha visita a Casa das Abellas. Viron as plantas melíferas, os panais, os enxames, as abellas entrando e saíndo das colmeas, os utensilios que utiliza o apicultor para evitar que o piquen cando manipula as colmeas. Suso Asorey amosoulles o fantástico mundo das abellas, achegounos á "Colmea acristalada" onde se pode ver o traballo das abellas directamente. Os nenos/ás regresaron moi contentos, cunha vela feitas por eles, co estómago cheo de pan con mel, cun tarro de mel e cunha retina chea de imaxes que nunca esquecerán, e das que terán que botar man se queren volver ver unha abella, ou buscar nas enciclopedias ou en internet para recordarse como eran, o perigo de extinción é eminente...
A Casa das Abellas, atópase en Meangos - Abegondo, é unha antiga casa de labradores restaurada, nesta casa museo fanse distintos traballos na busca dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, leva a cabo a divulgación e formación entre os distintas persoas que acoden a este lugar: grupos de escolares, apicultores, particulares,...dispone nas súas instalacions de varias salas de exposicións, unha sala de extracción e envasado do mel, e tamén dunha sala de conferencias.
Un dos obxectivos da Casa dás Abellas é a divulgación e a sensibilización do mundo das abellas, fundamentalmente entre escolares e outros grupos de visitantes.
O interior da casa museo, colmeas de cortizo,utensilios diversos... arquitectura doutros animais e talleres presentounos Isabel Sanjurjo, directora de "Abelleira", unha publicación sobre as abellas, apicultores, asociación galega de apicultura (AGA), cooperativa Erika Mel, enfermidades das abellas, dos pesticidas e herbicidas que están a rematar coas abellas e todos os insectos polinizadores, e iso significa que as colleitas e árbores froiteiras minguasen a súa produción, ata tal punto que a alimentacíón se verá seriamente prexudicada, e nós nin nos inmutamos."¡Mexan por nos e temos que decir que chove!". Castelao.
¡AS abellas son Patrimonio da Humanidade! ¡As sementes son Patrimonio da Humanidade!

CONSULTAR:

Abella raiña, abella obreira, zángano, apicultura, enxame, panal,


Ruta das abellas.


Queixoemel.


APITEN (Asociación de apicultores de Tenerife)


EN ESPAÑOL---->ECONENOS

Leer más...

18.6.10

Matemáticas interactivas, conceptos, tic infantil



Duplica, agranda, empequeñece, sumas, restas, moitos, poucos, diante, detrás, letras,....NOTA:
duplica" _____" para crear o igual"=" e a bara para as sumas e restas "__________", faina máis pequena para facer o signo menos " _ ". Tamaños: grande, mediano, pequeno, series....
Matemáticas interactivas, conceptos, tic infantil
Leer más...

deportes

Suscríbete vía email:

Entradas relacionadas

Mi lista de blogs

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP