"LUME".TEATRO CON OBXECTOS. BABALUVA. MARÍA BASSO.
Obra de teatro de temática medioambiental. A Compañía BABALUVA fixo unha adaptación inspirada no conto de Alberto Varela Ferreiro titulado: ¡LUME¡, conto editado por Edicións Xerais.
Máis en ECONENOS
Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can....
Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume.
O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume.
Máis datos en CULTURAVAI
0 comentarios:
Publicar un comentario