Edilim e as tic. Sons, crebacabezas, secuencias, series, pizarras,...
Estas actividades foron creadas para As Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra, pero poden ser útiles en aulas ou fogares en calquera data, o son dos animais é internacional, os misterios na noite e bosques tamén o son. Este libro agocha tras o seu "menú portada" un asombroso e fantástico mundo para os nenos e nenas. Aparecen novas actividades na que a interactividade é máis libre, eles elixen as imaxes para facer series, conxuntos, debuxos, poden borrar, xiran,...Os crebacabezas teñen sons, os murais pódenos arrastrar e completar engadindo novos elementos. Atrévete a entrar! >ADIANTE Nota: As imaxes duplícanse ou cudriplican (clic sobre as imaxes que están situadas na marxe inferior)
0 comentarios:
Publicar un comentario