RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

28.12.09

O vindouro dia 30 de Decembro o apalpador volta a visitar Lugo.

O nadal galego ten un personaxe de seu que reparte felicidade entre as cativas e os cativos. É o apalpador. GZnación falou con André Seoane, da Gentalha do Pichel, unha das entidades que máis pulou pola recuperación desta figura do noso imaxinario.

"O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes."
Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)






















"O vindouro dia 30 de Dezembro o apalpador volta a visitar Lugo. A isso das 17 horas presentará-se polo nosso Centro Social para logo sair em passa-ruas polo casco velho. Irá apalpar as barriguinhas das crianças por ver se estam bem mantidas e deixar-lhes umha presa de castanhas para que tenham fartura."
Leer más...

23.12.09

Bo Nadal. Feliz Ano Novo.

¡Boas Festas e Feliz 2010!

Leer más...

15.12.09

Última hora. Suspensión das clases o mércores día 16 de Decembro.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante o mércores.
A Xunta tomou esta decisión como medida de precaución en base a predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partires das 00.00 horas desta mesma noite.

Leer más...

8.12.09

O outono. Follas caducas e perennes.

No outono o vento sopra forte, moitas árbores quedan sen follas, son árbores caducifolias ou árbores de folla caduca (castiñeiro, pereira,maceira...) outas teñen follas todo o ano denominanse árbores de folla perenne (piñeiro, abeto...)
ADIVIÑA
Voa sen ás,
anda sen pés,
dache na cara
e ti non o ves.


Leer más...

26.11.09

Leo e as estrelas. Ano da Astronomía.

Co motivo do Ano Internacional da AstronomÍa a compañía de teatro de sombras ZasCandís representou "Leo e as estrelas". Fixeron un acercamento básico a astronomía ca historia do Moucho Mitxolo, do xoven Leo e da súa amiga Eli. Tampuco faltaron os vagalumes para alumear pola noite.
As Nacións Unidas declararon o 2009 o Ano Internacional da Astronomía.








RECURSOS ASTRONOMÍA

Leer más...

12.11.09

Gripe A (H1N1).


Na páxina web da Conselleria de Sanidade atoparás información sobre a Gripe A.



Leer más...

Quebracabezas de cartón. Reutiliza.

Un interesante traballo feito polos monitores do CEM ( Centro de Educación Medioambiental), para que os máis pequeños identifiquen os productos da horta sen deixar de xogar. Reutilizan caixas de cartón para facelos quebracabezas...o xoguete costa poucos cartos... As fotos e esta entrada atópasen en econenos hoxe engado o video.
Leer más...

22.6.09

O TREN DA LINGUA CHEGA A BETANZOS




Unha viaxe en tren, un percorrido moi especial, lingua e paisaxe comezan unha andaina collidas da man."O tren da lingua", unha actividade pensada para fomentar o uso da nosa lingua e as viaxes en tren , para dar a coñecer o noso, as nosas señas de identidade, paisaxe e lingua.

Dous percorridos nunha sóa viaxe, un turístico, dende a Coruña ata Betanzos, no que as imaxes de luz e escuridade vanse achegando os ollos dos viaxeiros,...




O segundo percorrido facémolo da man de Peter e Lolo de RIVEL ANIMACIÓN, eles engaden un toque máxico-festivo a saída,realizan actividades dentro e fóra dos vagóns, na procura dun acercamento a lingua galega.

A Conxellería de Educación,Caixanova e Renfe participan neste proxecto.





ANDRES DO BARRO Reivindicou un idioma despreciado durante moito tempo.

"O TREN QUE ME LEVA POLA VEIRA DO MIÑO"

O tren que me leva pola beira do Miño,
me leva e me leva polo meu camiño.
O tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara o meu destiño.

Alguen pode ser que me espere na estación,
na terra da felicidad.
E toudo o que sexa amor e paz
o atoupareí eu o tereí
ca miña moza no meu lar.

O tren que me leva camiña e camiña,
vai votando fume, corre pola via.
O rio va felto un mar de ledicias.
No tren pouco a pouco volto a miña Galicia.

Pasei molto tempo sen lar, lonxe de aiqui;
foron mil noites cheas de soidá;
Falando ca xente po las mañás
escoitarei e saberei
o que pasou polo meu lar.
Leer más...

16.6.09

RECICLAXE NA CLASE


Temos recipientes para: RESÍDUOS ORGÁNICOS (apodrecen), RESÍDUOS INORGÁNICOS (non apodrecen). VIDRO, PAPEL E CARTÓN, PILAS, PAPELEIRA para papel sucio e outros restos que non se poden botar nos recipientes mencionados.
Seleccionamos envoltorios, envases, restos das nosas merendas, papel, cartón, cristal...
Gardamos, plásticos, papel de aluminio, cartón... para reusar. Facemos bonecos,árbores
Leer más...

25.5.09

Feira Franca Medieval - Betanzos -11-12-13 de Xullo- 2008

Se queredes facer unha viaxe no tempo, pero coa seguridade de poder voltar o presente, visitade BETANZOS DOS CABALEIROS os días 11 - 12 - 13 de xullo. O acercamento o Medievo está asegurado. Damas e cabaleiros, castelos e bruxas, espadas e armaduras danse cita nesta festa, que conta con todolos ingredientes para achegarmos a Idade Media. Para ver a súa orixe mirade a FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS. Para ir facendo dentes mirade estas FOTOS , son xeniais.
Se vos gusta a historia, mirade os COMENTARIOS, as OBSERVACIÓNS, , OS VIDEOS
Aumentade o folleto para velo mellor.



































O programa das festas, no folleto editado polo Concello:



























Leer más...

20.5.09

Recital concerto de Casa Hamlet."Quen poidera convosco voar"

Recital-concerto “Quen puidera convosco voar”Hoxe estou de sorte, teño unha hora sen ocupación, eina de aproveitar para ir a Aula Municipal da cultura, ás 12 terá lugar o recital-concerto "QUEN POIDERA CONVOSCO VOAR", baseado nos poemas de Curros Enríquez, a representación corre a cargo de CASA HAMLET.

Enriba do escenario,Manuel Lourenzo, Santiago Fernández,Anahí Varela,...Chego xusto a tempo para o comezo da función. Unha pequena mostra, desta enriqucedora función:









<----CLIC---aumentar


Nalgúns intres, péchanseme os ollos coa emoción, intento mantelos abertos para continuar coa cámara, pero eles arrástranse xirando polos meus adentros, dan voltas sen parar, fan un percorrido emocional, tocando todas as fibras do meu ser...









Eles os dous, enchen o escenario, ca súa voz, co seu entusiasmo,co seo bo facer,ca súa presencia,...., fan que os poemas saiban a gloria.




Sinto mágoa por non ver a obra completa, pero rematou a miña hora...Vou feliz, porque foron capaces de emocionarme, de facer que me sinta con vida,.... Contaxiáronme o seu interés polo noso, pola beleza, ...

Na Voz de Galicia do 7/11/2007 atoparedes información sobre algunhas das actividades de CASA HAMLET:
Leer más...

15.5.09

Visita a web de Cultura Galega

Leer más...

13.5.09

LETRAS GALEGAS 2009. RAMÓN PIÑEIRO

ACTIVIDADES NO CONCELLO DE BETANZOS DURANTE O MES DE MAIO DENTRO DO PROGRAMA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS




"Este ano o homenaxeado é Ramón Piñeiro López, naceu en Láncara (Lugo) no 1915 e finou en Santiago no 1990.
Foi Director Literario de Galaxia (Grial), membro numerario da Real Academia Galega (1967) e presidente, ata o seu pasamento, do Consello da Cultura Galega.

Piñeiro influiu no desenvolvemento da normalización lingüística."(Biblioteca de Betanzos.)



"Vídeo didáctico sobre Ramón Piñeiro baseado nas súas memorias"



Canle TV Educativa da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
Leer más...

9.5.09

"LUME".TEATRO CON OBXECTOS. BABALUVA. MARÍA BASSO.









Obra de teatro de temática medioambiental. A Compañía BABALUVA fixo unha adaptación inspirada no conto de Alberto Varela Ferreiro titulado: ¡LUME¡, conto editado por Edicións Xerais.



Máis en ECONENOS
Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can....
Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume.
O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume.
Máis datos en CULTURAVAI


Leer más...

8.5.09

Semana das Letras Galegas 2008. Álvarez Blázquez. A lingua Galega. Historía. Nocións de gramática

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


<----CLIC--aumentar------>




A LINGUA GALEGA. HISTORIA

Leer más...

22.2.09

ANIMACIÓN A LECTURA .Visita do contacontos Caxoto.Pablo Díaz E. Kalandraka

A ANIMACIÓN A LECTURA
Busca o acercamiento os libros con estratexias motivadoras. Desperta a imaxinación e a creactividade con sesións lúdicas e festivas...
Leer máis en Biblioactiva , empresa creada e pensada por e para "persoas que pensan que os libros foron, son e quieren que segan sendo unha parte esencial das sus vidas".

Un informe a tener en conta.

@s ne@s disfrutaron cos contos de Caxoto , contacontos de Dínamo Teatro.













A Asociación Cultural TREMN, di "O proxecto, non busca a estimulación a lectura precoz, se non que os primeiros contactos que teña o pequeñ@ co espacio bibliotecario e os medios escritos sexan do seu agrado".

A Ed. Kalandraka presenta os seus contos amenizados con instrumentos musicais, a actuación a cargo de Pablo Díaz e Ana. O obxetivo, fomentar actitudes motivadoras entre os máis pequenos, buscando un acercamento os libros e a música tradicional.












Leer más...

20.2.09

ANIMACIÓN A LECTURA. Visita do contacontos-debuxante Benxamín.Ed.Rodeira-Edebé.

Hoxe visitounos o contacontos Benxamín, ten unha maneira moi particular de contar os contos, vai chamando os nenos e mergullaos nas suás historias,o finalizar inmortalizaos cos seus
bebuxos...



É un obsequio da Editorial Edebé.



"Unha nena que tiña medo os cans"


















"Un gato que quería ser can"...


Atopei outro traballo de Benxamin adicado @s nen@s de primeiro ciclo, pero dame error e non me deixa publicar todo...Intentareino de novo...














Leer más...

deportes

Suscríbete vía email:

Entradas relacionadas

Blog Archive

Mi lista de blogs

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP