Recital concerto de Casa Hamlet."Quen poidera convosco voar"
Recital-concerto “Quen puidera convosco voar”Hoxe estou de sorte, teño unha hora sen ocupación, eina de aproveitar para ir a Aula Municipal da cultura, ás 12 terá lugar o recital-concerto "QUEN POIDERA CONVOSCO VOAR", baseado nos poemas de Curros Enríquez, a representación corre a cargo de CASA HAMLET.
Enriba do escenario,Manuel Lourenzo, Santiago Fernández,Anahí Varela,...Chego xusto a tempo para o comezo da función. Unha pequena mostra, desta enriqucedora función:
<----CLIC---aumentar
Nalgúns intres, péchanseme os ollos coa emoción, intento mantelos abertos para continuar coa cámara, pero eles arrástranse xirando polos meus adentros, dan voltas sen parar, fan un percorrido emocional, tocando todas as fibras do meu ser...
Eles os dous, enchen o escenario, ca súa voz, co seu entusiasmo,co seo bo facer,ca súa presencia,...., fan que os poemas saiban a gloria.
Sinto mágoa por non ver a obra completa, pero rematou a miña hora...Vou feliz, porque foron capaces de emocionarme, de facer que me sinta con vida,.... Contaxiáronme o seu interés polo noso, pola beleza, ...
Na Voz de Galicia do 7/11/2007 atoparedes información sobre algunhas das actividades de CASA HAMLET:
0 comentarios:
Publicar un comentario